Monday 29 de April de 2024

Corral e Marod encóntranse nunha exposición pictórica na casa da cultura da Pobra


A pintura será a expresión artística protagonista dunha nova exposición na casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal a través das obras de Cris Corral e Asun Rodríguez ‘Marod’.

Plásmanse diversos temas de interese para as artistas empregando, principalmente, a técnica da acuarela.

A inauguración desta mostra conxunta terá lugar no 1 de setembro, ás 20.30 horas, nun acto organizado por parte da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), que estará amenizado por Arrancadeira.

A entrada é libre ata completa-la cabida.